Yonoigo!

Teño un coñecido, que é moi de costumes, acostúmase nun lado e non hai quen o mova. Leva dende sempre en Movistar, e fai oídos sordos a todas estas ofertas :" Se te cambias regalámosche un terminal de última xeración" o outro día chamárono de Yoigo e contestoulle:"Yonoigo" e de feito non oe. Foi o outro día ao otorrinolaringólogo e non sabe o que lle dixo ¡como non oe!.
El está encantado en Movistar, ten un planazo de falar dez minutos diarios, cando se lle acaban recibe unha mensaxe, moitas veces as tres ou catro da mañán, pero non lle importa pois gústalle despertar e volver a durmir e así durme dúas veces. O peor é a última despertada, a despertada da levantada, esa si que lle doe. Hai veces que pensa:"Se non me deito, non teño que levantarme, e xa durmirei nas pestenexadas", pero nunca o fixo.




Pero ao que íamos, cando os operadores o chaman para ofertarlle algo novo, el fala con eles en galego e eles en sudamericano. Non se entenden, pero o intercambio cultural paga a pena. Incluso está desexando que ese ERE, que vai a facer Telefónica, sexa un ERRE(R dobre), para que poñan as tendas en Sudamérica e así facer unha viaxe para mercar os terminais.
Meu coñecido non entende que se premie a traizón, que non se premie a fidelidade. Fastídialle moito que lle digan:"Domiciliei a nómina no teu banco e regaláronme unha televisión plana de 28 pulgadas" e el co seu armatroste prehistórico. A el o mais que lle regalaron foron uns caramelos e un bolígrafo.
E mirade que lle digo:"Desdomicilia a túa nómina e despois volvea a domiciliar no mesmo banco, para que che regalen esa televisión. Faino por min, pois levo 20 anos aguantando ese vello armatroste, que debe pesar 70 quilos".


Preguntarédesvos quen son. Son a mesa da televisión do meu coñecido.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo