Verán galego



O meu xefe, aló en Italia, non sei cantas exmulleres tiña. Un día díxolle ao seu mozo de recados:" Pino! lévalle este paquete a miña exmuller". Pino, un exciclista, colliu a súa bicicleta, todo mangado, e así que andivo un quilómetro, volviu a onde o xefe e :" Sr. Finotto! non me dixo ¿ a cal exmuller?" ao que contestou Finotto:"Á segunda a esquerda". Moi simpático o xefe.
Melania, a nena da casa, que tiña tres anos, tamén o era. Era a miña mestra de italiano, pois estaba moi preparada, e estaba moi leda de insinarme e eu dáballe moito xabón dicíndolle:"Melania! levas tan só tres anos en Italia e falas moito millor ca min, que levo cinco anos". Un día baixaba, polas escaleiras toda guapa, pois ía a unha festa, e díxenlle:" ¡ Que elefante estás!" e dime ela:" Non che dou insinado, non se di elefante, dise ¡ A-le-gan-te!"
Tamén era simpático o merlo falador que había na casa , que era un pazo de catro mil metros cadrados. O merlo era como o Rockefeller do José Luis Moreno. Dicía pola mañán, nada mais te vía:"¡Buongiorno, buongiorno, buongiorno...!", co acento rouco coma Rockefeller e ata que lle contestabas ¡Buongiorno! non paraba. Mónica, unha compañeira de traballo, tiña a menos de falar con Pepe, así se chamaba o merlo, e Pepe , ao ver que non lle contestaba, berráballe:"¡Stronza! ¡stronza! (estúpida)" e ela quitaba o zoco, facendo ademán de pegarlle, meneáballe a xaula e gritáballe:"¡Aahjhjh...! e o merlo, co acojone, calaba. Un día, de broma, berreille ¡Stronzo! a Pepe e contestoume:¡ Aahjhjh...!.
Estas historias viñéronme a memoria e conteillas a Luiggi, un amigo meu italiano, que me veu a visitar. Veu con toda a idea de poñerse moreno e de facer mergullo. O de moreno foi case imposible(polo tempo que fixo) e o do mergullo, tamén. Veu sen o neopreno e intentou mergullarse, pero saiu mangado da auga e dixo cando lle preguntei ¿que tal?:"Toleaches! no fondo hai bloques de xeo e está a auga conxelada".
Cando marchou, díxome:" Non fun moito a praia, non me mergullei, pero valiu a pena a viaxe, pois comín moi ben, durmín millor e disfrutei coas bonitas paixases que aquí tedes". E eu, despedíndome del, dixen:" E o que facemos aquí a cotío, menos cando fai mal tempo, que daquela vamos a praia a cocernos ao sol, a suar a gota obesa e a non pegar ollo de noite!.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo