Reflexións



  Dada a miña prominente barriga, todo o mundo me di que faga flexións, e eu dígolles que fago
reflexións. E despois destas eleccións tócame reflexionar.
  Demasiado pouco castigo para un partido que non soubo ver a crise a tempo. Demasiado pouco castigo para un partido que foi de Champions e agora é de Segunda. (Falando do Deportivo, este ano os madridistas e os barcelonistas poden durmir tranquilos, non van ter o pesadelo do Dépor). Demasiado pouco castigo para un partido que dilapidou unha fortuna no Plan E. Demasiado pouco castigo para un partido que conxelou as pensións e recortou os salarios dos funcionarios. Demasiado pouco castigo para un partido que fai política da Señorita Pepis: léase 400 euros, lámpada do Sr. Sebastián, os 110, lei antitabaco, que agora coas fotos nos paquetes, os fumadores piden máis variedade para poder facer colección e incluso cambiar os repes.
  E demasiado premio para un partido que non fixo nada, que presenta de candidato á presidencia dunha autonomía a un imputado. Demasiado premio para un partido que ten un presidente que naceu en Galicia por accidente, pero que non presume de galego nin de falalo. Demasiado premio para un partido que quere acabar co terrorismo só coas forzas da orde, sen dialogar. Demasiado premio para un partido que pon en dúbida a fin do AVE para o 2015, cando para o vindeiro ano xa eles tomarán as rendas e tócalle de cumprir cos prazos. Demasiado premio para un partido centralista que ignora a realidade cultural e lingüística das comunidades históricas. E demasiado premio para un partido que quere retrotaerse no tempo, que quere que volte a gañar o La, la, la, non en Eurovisión, senón na Coruña e non me estrañaría que lle puxesen nome composto á Cidade Departamental.
  Demasiados demasiados. Estou indignado como tantos manifestantes do 15 M. Votei o pasado domingo 22 e volvo a votar agora, voto pola Democracia Real Xa.



No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo