O Pai da Historia



Polo meu traballo de historiador, teño que comer fora da casa. E vou a restaurantes donde teñen clientes camioneiros, pois soese comer ben e barato.

Vai uns días, estiven comendo nun dises restaurantes e preto de min, noutra mesa, estaba un camioneiro mastodóntico. Debía pesar 200 quilos. De primeiro papou tres pratos de lentexas, usando un garfo. O camareiro decatóuse e díxolle:"Ten vostede aí a culler". "Xa sei, so que eu como, practicamente, todo co garfo". De segundo papou tres costelas de terneira con patacas fritidas. De sobremesa seis iogures, que cando os pidíu o camareiro preguntóulle:"¿ Tráiolle un garfo para os iogures?" "Non oh! Os iogures si que os como coa culler" e co café mandoulle seis Tokkes.

Eu ainda estaba a comer o primeiro prato, e veu o camareiro e díxolle :"¿Quere algo mais o Señor, ou teño que dicir Señorito?" e contestóulle o camioneiro, falando moi alto:"Señor!, Señor!dende os 16 anos. A paisana e mais a min dóusenos por escapar da casa, pois os pais dela non a deixaban sair comigo. Estivemos dúas semanas en paradoiro descoñecido. Durmindo nós palleiros e en pallotes ata que acabamos os cartos e nos apretou a fame. Tivemos que voltar a casa e tivemos que casar. Tardamos dous anos en ter nenos. Tivemos sete, e menos o mais pequeno están todos a súa vida e ¿sabes o que me dixo o outro día a paisana? Díxome:"¿ Sabes que estou a pensar?, que se te denuncio por malos tratos queda todo para min" e eu contesteille :"¿Que che parece se me suicido e así tamén cobrarías a viuvez?".

Preguntáredesvos, que ten que ver ista historia coa HISTORIA, pois non o sei, levo traballando dende os catorce anos e agora ainda nos engaden dous de propina. Os anos non perdoan e moitas veces xa non sei o que fago, o que falo nin o que escribo. Estou a perder dificultades. Digo dificultades en vez de facultades, confundo a dereita coa ezquerda, non distingo a Aznar de Zapatero, confundo misión de paz con misión de guerra. Non sei por que se fan as misións en sitios onde hai petróleo ¿acaso as misións funcionan con gasolina?. Non entendo que fai Zapatero cos banqueiros e cos grandes empresarios, nin tampouco que fai Rajoy cos traballadores e cos autónomos.

Vou velliño, iste ano tíñame que xubilar, pois cumpro 2465 anos, pero teño que esperar ata os 2467. Esquecíame de dicirvos quen son, son Herodoto o Pai da HISTORIA.




No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo