
Entendo que canta máis competencia mellor para o consumidor, sempre e cando os centros comerciais non teñan efectos secundarios, como chegar tarde ao traballo ou chegar tarde ao hospital, polas retencións e atascos. Non me gustaría que uns centros comerciais maten a outros, non quero ver continentes sen contido, como vexo polígonos industriais, urbanizacións... Loxicamente isto vén a conto por ese novo centro comercial que hai na Coruña; creo que lle chaman Mariacaneda ou algo así. Queren facer da Coruña un centro comercial mundial? Sendo así, daquela si que entendo o do porto exterior e da ampliación do aeroporto de Alvedro, pois chegarán cruceiros e moitos voos chárter de todo o mundo. O que non entendo é onde está o negocio do Corte Inglés se os aparcamentos son gratuítos. Por que digo isto? Pois sempre pensei que o gran negocio do Corte Inglés eran os aparcamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario