No ano 1992, ano do Quinto Centenario, disfraceime de soldado (tamén chamado quinto), barba branca e longa ata os xeonllos:"¿De que vas disfrazado?" " E logo ¿non o ves?" de Quinto Centenario"
Pero a ilusión da miña vida era disfrazarme de Mosquetero, e así fixen nun Entroido.
Este ano, que están moi de moda as botas mosqueteiras, quixen aproveitar as botas mosqueteiras e tiña pensado disfrazarme de muller. Comprei uns leggins, un blusón e unha perruca.. Mireime ao espello.¡ Que asco de muller!, barriguda, con bigote e perilla. Todo hai que dicilo, as pernas teñoas moi bonitas. A perruca facíame ilusión poñela, dada a miña calvicie, pero afeitar o bigote e a perilla case que non. ¡Ainda se fose de Ardebullo!
Total que vou a aproveitar as botas mosqueteras negras, con pantalón negro, camisa negra, capa negra, antefaz negro e sombreiro negro. Loxicamente voulle quitar a este último o Z, porque o Z é do Zorro e voulle a por o R, porque o R e do Raposo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario