O meu Festival de Cans




Din que o can é o millor amigo do home. Eu non sei se son amigo do can, pero gustar gústolle que nin Deus. Xa me morderon tres ou catro veces.
A primeira vez, lémbrome coma se fose hoxe : preguntáballe a tía Pepa ao meu curmán Xosé Ramón :"¿Meteches as galiñas dentro?" Ao que Xosé Ramón respostou:"Metín, unha non quería entrar e metinlle unha patada na... na...na súa intimidade e entrou". Escomecei a rir e a moverme tanto que entrei no terreo do can da tía Pepa e clavoume os dentes nunha perna. Non sabía se chorar ou se rir ¡tal era o descontrol dos meus sentires!.
A segunda vez:Fun a casa dun veciño, e chamando por el cheguei a horta, e veuseme enrriba un can de raza loba, e se non poño o brazo diante da cara, pois iso trincame a cara. Saín correndo daquela casa e crucei a rúa sen mirar se viñan coches ¡tiven sorte que non me atropelase un! Non sabía a quen recurrir para ir á Residencia.¡ Saber sabía! pero dábame corte ter que recorrer a Chucho da Jauvea, poi estaba a traballar. Eran as cinco da tarde e chameíno. Cerrou a súa imprenta e para aló fomos. Doce puntos de sutura. Eran as dez da noite cando chegamos a Carballo.
A terceira: o meu can Lestrove escapouseme e fun a buscalo ao medio da rúa, para que non o pillara un coche. O moi cabrón mordíume un dedo da man.
Con istes antecedentes, imaxinádevos a cagarrela que me entrou , cando Chucho da Jauvea, o meu facedor de favores, me pidiu un favor. O favor de darlle de comer e de beber ao seu Doberman durante unha semana. O can estaba nunha finca, onde había galiñas. Tiñao preso, para que non llas matara. Din coa trécola de votarlle auga cunha mangueira de pistola, dende o outro lado da reixa. Pero o pienso era difícil meterllo coa mangueira. Iso si, intentar intenteino. Total que ao terceiro día acaboúse e non me quedou mais remedio que entrar. Decatárame que o can tiñalle medo a auga e metíase no seu cocho. Díxenlle ao meu fillo:"Se ves que se ven a min votalle auga" nada mais entrar eu, o meu fillo xa lle dou ao gatillo. O Doberman colliu tanto medo, que pegou un tirón e rompiu a correa. Así que se calmou, fun a donde el e fíxenlle caricias, mentras lle atei unha corda provisional. E díxenlle:"Non , non, non... me mordas e mañán traioche un chuletón de terneira".Eu suaba e o calzón tamén. Grazas a Deus, non me fixo nada. Ao outro día, mentras comía o chuletón, púxenlle unha correa nova.
Loxicamente a Chucho da Jauvea cobreille a correa, o chuletón e o lavado do calzón.
Este vran ía eu andando pola beirarrúa e neso que vexo a un veciño detras dun canciño e díxome berrando:"Agarra o can que se vai a meter na estrada" armeime de valor e púxenme diante del, para agarralo e pasoume polo medio das pernas. E polo medio das pernas tamén lle pasou a unha autocaravana. O can debiu coller tal acojone, que se agazapou na estrada e a punto estivo de pillalo un coche, Pero pasou por alí o Anxo da Guarda e salvouno. Anxo é un veciño meu que veu da Guarda.
Grazas por lerme. Xa sei que esta non é a Divina Comedia nin eu son Dante, pero ¿A que son un comediante?

1 comentario:

Juan José Barro Canedo dijo...

Ai! curmán, que o mellor o can non é que lle tivera medo a auga, por que vendo como tiraba polos chuletóns de tenreira, eu penso que apartaba por que non era viño.Eu coñecín ese cancán e tamén lle ía a carne de porco.
De todolos xeitos só quero decirche que non serás Dante, pero parece que pos cans estás "al dente".

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo