Non foi en Casablanca

Non foi en Casablanca, nin eu son Humphrey Bogart e ista non é unha película. Iso si é unha historia verdadeira con un final de película. Foi nún cuartel de Lleida. Na Mili é tradición, que os veteranos lles fixesen bromas, e bromas pesadas aos novatos recén chegados.

Había un novato no noso reemplazo, ao que lle faltaba moito mundo, pois estivera no monte coas cabras toda a súa vida. Non sabía ler, nin menos escribir. Chamábase Nazario. Alfredo, un veterano, emperrenchóuse con Nazario e fixolle un par de putadas, que me encenderon a sede de vinganza. Decidín romperlle o corazón a Alfredo a pesares que non tiña corazón.¡Moito mal me pareceron aquelas bromas!

Dalí a uns días, coincidimos, no xardín, Alfredo e mais eu con dúas rapazas. Alí estivemos falando con elas e encendíuseme unha luz :"Ista é a miña!" pensei. Dixenlle a Alfredo que Montse (a mais guapa) non lle quitaba ollo. Púxose todo dereito e orgulloso. A mecha estaba acesa. Andou a dicir e a fachendearse polo cuartel que ligara unha catalana.

Escribín unha carta (xa daquela tiña ista teima) onde poñía:" Me llamo Montse ¿te acuerdas de mí?. Espero que sí. Coincidimos el domingo pasado en el jardín. Te preguntarás por qué sé tus señas. Me las dió tu amigo Jose Manuel el otro día que lo vi y le pregunté por tí. Y aquí estoy. Quedé impresionada de tu pelo rubio, de tus ojos azules, de tu sonrrisa, de tu simpatía. Creo que estoy enamorada de ti. Me gustaría volver a verte. Te espero en el mismo lugar y a la misma hora en que aconteció nuestro primer encuentro. Estoy deseando que sean las cuatro del próximo domingo. Nos vemos".

Ista carta metina nun sobre usado, un sello usado e o cuño da nosa compañía e díxenlle ao cabo furriel:"Cando repartas o correo ¿pódeslle dar ista a Alfredo?" "¡Como non!" contestoume.

Alfredo recibíu a carta. Eu fun incapaz de achegarme a el, pois tiña medo de delatarme coa risa. Cando xa quedei deshidratado de tanto chorar coa risa, achegueime ao seu carón e alí estaba coa carta arrimada ao seu peito e díxome:"¡Viches teñoa nó bote!" "Non me digas ¡que sorte tes!"

Así estivo fachendeándose toda a semana. O domingo cando voltou da cita o home non sorría. Fun a xunta el e díxenlle: "¿Que tal a cita?"díxome enfadado: "Xa sabía que era unha broma túa"e contesteille tamén enfadado: "Fíxeno para que aprendas a facer falcatruadas. Podeslle facer a Nazario un sobre ou unha petaca na cama, pero non meterlle unha rata debaixo da almofada. Podías meter a Nazario na taquilla meterlle unha moeda pola regandixa, para que cantara a modo de Jukebox, pero non tirar a taquilla, con Nazario dentro, polas escaleiras abaixo".

Non, non, Alfredo non sabía que era unha broma miña, pois dalí a uns días chegou devolta unha carta que el lle escribira a Montserrat Pascual. Teñoa na casa dende fai trinta anos. Non vola vou a contar só vos digo a última frase :" io también te ciero mucho". Alfredo tiña moza na súa terra, esquecérame de contalo. Non lle partín o corazón, pero durante uns días tivo o corazón repartío. Dalí a uns días Nazario díxome :"¿ Gallegueiro, sabes que Alfredo me pidió perdón?" e díxinlle , poñéndolle o brazo polos ombreiros:"Nazario, Alfredo agora si que é veterano e Presiento que este es el comienzo de una hermosa amistad"

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo