Anti lei antitabaco (eu non fumo)



Teño un negocio de hostalería, bueno case poido dicir, tiña. Pois haberá que pechar as portas. O día dous de xaneiro quitei todos os cinceiros do meu local. Todos menos un. O mais grande deixeino. O mais grande é o chan. E poido quitalo tranquilamente, pois non se usa.
Agora os meus camareiros terán menos probabilidades de morrer de cancro, pero terán moitas mais probabilidades de morrer de fame.

Entre que non se pode fumar nos bares, e o ministro Sebastián di que, con non tomar un cafe ao día xa se soluciona a suba da luz, pois iso, no meu chan non entra nin un can.

O outro día paseando co meu fillo, polo meu povo, decateime o por que da enormidade das beirarrúas do Plan E. Son para a xente, que pide esmola (cada día hai mais), e mais para os fumadores. Pero ainda queda espazo. Non me extrañaría que quitaran unha lei en contra de comer colesterol nos bares e nos restaurantes. Que teñamos que comer os bocadillos de tortilla e de chourizo tamén nas beirarrúas. Despois destes razoamentos, o meu fillo díxome :"¿Que fan istes señores votando fume na beirarrúa? ¿Están cabreados?" e eu contesteille :" Non meu Rey, agora é moito mais san fumar fora" e el: "Eu cando sexa grande, tamén quero fumar fora Papi, pois é mais san" e eu anonadado díxenlle: "¡ A ver se chegamos a grandes meu Rey!, porque a hostalería non da" Ao que me dixo:"Papi,¿ por que non fas unha fábrica de beirarrúas enormes, de cinceiros para o exterior e de estufas tamén para o exterior? e eu contesteille abraiado:"Se chegas a grande, non te metas a político, pois non triunfarías":"¿Por que Papi?" :" Porque tes moita cabeciña meu Rey".

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo