Abusadora



Abusadora é unha canción con moito ritmo. Cando eu traballaba nunha fábrica lavando parrillas, eu cantaba a "Abusadora" e non había quen me gañara lavando parrillas. Agora cos moitos anos que teño, bueno sempre terei un ano menos que moitos, preciso andar. Levo un MP3 ,e cando alguén me adianta, métolle a "Abusadora" e recupero a posición perdida. Este vran andando pola praia de Razo a Baldaio, adiantoume unha moza. Puxen a "Abusadora" e conseguín poñerme a sua altura, pero non fun quen de adiantarlle. Chegou antes ca min a Baldaio e cruzouse comigo na volta e díxenlle coa miña lingoa pequena "Abusadora".
Falando con un coñecido,que se chama Xocas, uns días despois, resultou que el tamén tiña unha "Abusadora", e non so iso, senon que era a mesma "Abusadora". Non lle chamaba Abusadora por que ela o adiantase, senon porque el non era capaz de collela. Xocas ten uns cus de vaso por gafas, baila, canta, conta contos... é moi divertido, pero cando ten que lidiar coa Abusadora, córtase, apoúcase e non é ninguén. Ten moito sentido do humor, pero ten pouco sentido do amor, pois según me contou, está impoluto.
Uns días despois, nunha cea-baile, á hora do baile, puxeron a canción "Abusadora" e eu saquei a bailar a "Abusadora." Imposible seguirlle o ritmo. Asi que a deixei, bueno deixoume.
Alí tamén estaba o meu amigo Xocas, e díxenme "seguro que el sería capaz de levarlle o ritmo, pois el é un gran bailarín". Fun a xunto do poñedor de discos e pídinlle que puxera outra vez a "Abusadora". Díxome que si, pero tívenlle que contar o conto do Cocón.
O conto do Cocón é unha historia que Xocas sempre conta (non debe saber outra). Voúvola a contar: "Erase un albanel moi bruto, moi bruto que estaba a traballar e veulle un compañeiro e díxolle" Túa muller estache a poñer os cornos" e o albanel cabreado marchou para a sua casa. Atopou a sua dona espida e díxolle "¿Que fas espida?" e ela "Voume a duchar" e el púxose a mirar pola habitación, a ver se atopaba ao corneador, pero non atopou nada. A un certo punto chegou a filla chorando e díxolle, levantando a colcha da cama, e sinalando debaixo da cama " Papa,Papá,Papá... aquí esta o cocón"E el díxolle a muller "Esta vez salvácheste, pero a próxima matote a ti e mais ao outro" e mirando para debaixo da cama dixo" E ti, que sexa a última vez que lle pos medo a miña filla".
Asi que vin que o poñedor de música ía a poñer novamente a "Abusadora", díxenlle a Xocas "Quitaa a bailar". El que non, eu que si... e dinlle un empurrón e alí quedou nos brazos da Abusadora ¡Que gran baile!. Daba xoia, xenio e gusto velos. Cando acabou, fun a xunta Xocas e díxenlle "Con esas lupas que tes, podes ver mellor ca ninguén os diamantes que ten por ollos a "Abusadora".
Eu e mais Xocas, ainda que somos amigos, non podemos estar xuntos. Chocamos moito, pois os dous queremos ser protagonistas. Pode que Xocas lea esta historia, e se non a le, peor para el. Pois endexamais saberá que el é o número un. Nin saberá, que se a canción fose "Islas Canarias" en vez da "Abusadora" el sería o número dous.




No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo