A miña amiga Conchi (que endexamais usou o galego) incluso mantén conversas comigo en galego, e eu estou moi orgulloso dela por falalo e de min por contaxiarllo. E tamén estou orgulloso de que se fale galego no senado.
Moitos consideran a Cámara Alta unha torre de Babel, pero non é unha torre de Babel, nin sequera a torre de Pisa é unha torre dereita e moi erguida. Cuns bos alicerces e catro piares: o castelán, o catalán, o galego e o euskera. Non me vale a desculpa de que España non está para gastos para seguir obviando as outras linguas. Tampouco España está para gastos para eleccións anticipadas e non fan máis que pedilas (e esas si que son caras).
Gústame que se falen todas as linguas oficiais en Madrid, para ver se se enteran os Pepe Maris, os Marianos e os Pedro Jotas que España é moito máis que castellano, toros y flamenco.
1 comentario:
Claro que está ben que falen galego no senado.Outra cousa é que pensen en galego, pero bueno...
Non considero que a cámara alta sexa unha torre de Babel, aínda que a maioria das veces parece unha torre, pero non a de Babel, senon unha de bobos.
Publicar un comentario