Señor Durao Barroso




  Sr. Durao Barroso: son unha traballadora dunha fábrica de conservas de Ardebullo. Sentín que se van perder moitos postos de traballo no sector conserveiro, pola deslocalización, debida á baixada de aranceis a moitos países do sureste asiático. Que gaña Europa con estas medidas? Vai vender máis coches, máis neveiras, máis ordenadores, etc., neses países? A quen? Á xente que gaña 200 euros ó mes?  Ou calculastes que o 10% da superpoboación deses países é super-rica? Claro, son moitos ricos. Vós o que queredes é eliminar a clase media. Que sexamos o 90% de pobres. Para facer de nós o que queredes. E ademais querédeslle quitar todos os aranceis a Papúa-Guinea, para que fabriquen latas de atún, para que saian da pobreza . E, como sempre facedes os políticos, tanto en Bruxelas como en Madrid, ninguneades a Galicia. Sabedes que abrimos o paraugas para non mollarnos cos vosos ouriños (mexos). E todo por non ter o PARGA.es (partido galeguista español) que mire polos intereses de Galicia, incluso para ter máis competencias, votando a prol dos orzamentos do Estado.
  Por que non lle montades, en Papúa-Guinea, fábricas de pastillas Sentimún? En Europa non hai producción delas e están indicadas para os políticos. Non son para aumentar o sentido común senón para telo.
  Quedarei sen traballo, pero teño leiras. Quedarei sen coche, pero teño cinco bicicletas. Quedarei sen leite de marca, pero terei leite directamente da vaca a metade de prezo e aínda así o gandeiro gañaría o dobre. Teño roupa no faiado para moitos anos, e así que a acabe métolle remendos.
  Non pagarei a hipoteca. Deixarei de pagar impostos e vostede quedará sen traballo, e se non ten leiras, veña a Ardebullo e pregunte pola casa da Conexa, e aquí sempre terá unha cunca de caldo e un anaco de boroa.

Loita Canedo-Ardebullo


No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.