Ao Sr. Arturo Pérez Reverte



  O meu amigo Víctor Souto Balado díxome que te criticara, polo que dixeches do ex ministro de asuntos exteriores, Moratinos. Di que lle chamaches MERDA por chorar no día da súa despedida como ministro. Xa sei que disto fai uns anos, pero non puiden aguantar máis. A verdade é que me costa criticarte, Arturo, pois admírote moito. Admírote dende que estabas de corresponsal de guerra nas guerras de Iogoslavia, e admírote pola túa faceta de escritor, polas túas novelas...
  En parte compréndote, pois pensar nos políticos que temos, non é para dar saltos de ledicia, non nos queda outra que alporizarnos e botar chispas. Non me vale que te xustifiques con que tes 2000 amigos máis no Twitter, se deixas de ser amigo teu. E ti, que eras académico, tiñas que dar exemplo de boas formas e maneiras, pois a xuventude de agora adoita usar palabras malsoantes, tacos... con toda a natureza. Defendamos a poesía, a literatura, as humanidades. Deixemos de chamarlle "Princesa do pobo" a Belén Esteban.
  Ben sabes que sempre fixen e dixen o que ti me mandaches: matei con pistola, matei con espada, matei polas costas, pero non me pidas que lle chame MERDA a alguén que chora, porque chorar é moi digno. É moi difícil chorar de mentira.
  Perdoa que escriba en contra túa, pero ti, Arturo, non es o Rei Arturo. Non es o meu Rei pero eu son o teu Capitán. O Capitán Alatriste.


No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.