Eu fun á folga, coa miña pancarta...





  Eu fun á folga coa miña pancarta, na que poñía "QUERO SINDICATOS DEMOCRÁTICOS, NON TIRÁNICOS" e senteime no sofá a ver a televisión.

  Quería ir á praia, pero tiña medo de que houbera piquetes informativos; informarnos de que?, se levan tres meses informándonos.

  ¿Por que non fan os procesos de folga coma os políticos nas eleccións? Panfletos, carteis, mitins e asembleas xa teñen, que teñan tamén un día de reflexión e o día da folga que non coaccionen aos obreiros, que son maiores en idade e ben saben o que fan. Os obreiros xa decidirán o si ou o non, e así si sería unha folga democrática e saberíase a ciencia certa se a folga tivo exito ou non.

  Os que si deberían facer folga son os membros dos gobernos, a ver se estando quietos melloramos un pouco.



No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.