Y que! Aaaah!



  Nos anos sesenta mercábase en ultramarinos e tabernas, onde había case que de todo. E ademais había trato persoal. Preocupábanse de ti, da túa familia... Coñecíante, coñecíalos... É verdade que tiñas que petar no mostrador e berrar: "A despachaaar", pero había humanidade.
  Moito máis tarde escomenzaron a abrirse grandes centros comerciais: Docampo, Contenido (agora chamánlle Carrecatro), Fenda Inglesa, Compramuller..., pero non é o mesmo, ninguén te coñece e ti non coñeces a ninguén. Non hai humanidade.
  Agora abriu un centro comercial preto da Coruña, que se os seus corredores (pasillos) estivesen en liña recta chegarían a Arteixo. Entras. Segues a frecha. Y que cantidade de xente, parecemos ovellas detrás das frechas. Y que cantidade de cousas (a moitas delas teslle que escribir a referencia para despois collelas no gran almacén final). Y que cantidade de carteis, anunciando a tan ansiada saída... Y que, de que, para que. Por que? Por que lle chaman IKEA? Por que non lle chaman LABIRINTO? Despois de hora e media buscando a saída chego a un almacén, que parece unha catedral e ten unha altura de millenta metros e digo: "Se teño que coller eu as cousas referenciadas naqueles andeis, case que non. Eu non vallo para alpinista". Sigo andando e vexo a SAÍDA cando ía dicindo: "Y que, y que, y que... Ah! Aleluia!" Nese instante comprendín o porqué do nome deste ultramarinos.
  Quero máis comodidades cómodas e sobre todo quero máis humanidades humanas.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.