O Deus Hawkins



  Teño un coñecido que tiña un vulto no pulso. Un día díxenlle: "Por que non te ofreces á Santa de Vilamaior?" El respondeume: "Eu son ateo confeso, non creo nesas cousas". E eu rebatinlle: "Que perdes? Prefires operarte?" E el: "Pois si, opéranme dentro dun mes". E eu: "Pois eu voute  ofrecer á Santa de Vilamaior".
  Pasou un tempo. Volvín a velo e xa non tiña o vulto no pulso. Pregunteille: "Operácheste?" "Non, cando cheguei á cita do cirurxián, xa non tiña o vulto e díxome que o 90% dos vultos e verrugas desaparecen sós". Quedeime pensando e cheguei á conclusión de que os científicos teñen resposta para todo.
  Pero eu penso que practicamente todos temos recorrido aos santos e a Deus, cando nos sentimos apretados. E máis nós, os católicos, que temos unha relixión moi cómoda, na que premian aos arrepentidos, aos fillos pródigos...
  Eu falo con Deus de cando en vez. Cando Juan Pablo II estaba moribundo, díxenlle: "Home de Deus, quero dicir Deus de homes, por que non sandas ao Papa e lle quitas 20 ou 30 anos de encima, e verás como todo mundo crerá en ti, e só en ti". Díxome enfadado: "Eu non teño nada que demostrar. A min bástame que moitos millóns de persoas crean en min sen verme, só coa súa fe. E que de cando en vez alguén coma ti me fale. Xa só por iso, compénsame o traballo daqueles seis días".
  A semana pasada díxenlle: "Sabes que Stephen Hawking di que o mundo se puido facer da nada?" E nada sorprendido díxome: "Non subestimes a Hawkins. É un dos homes máis influíntes do mundo e incluso diría máis, é o home máis intelixente do mundo. E dentro das súas incapacidades ten un defecto, crese un Deus. E non o é. Non pode selo, porque existe".
Deixoume medio liado. Que me quixo dicir? Que Deus non existe? Chi lo sá!!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.