Radio Galega



  Fai moitos anos que escomecei a escoitar a Radio Galega, dende as 7 da mañá ata as 8 da tarde. Coa Galega aprendín a terlle medo aos temporais, ás crises, ás catástrofes. E todo iso grazas a Xusto López Carril. Ese gran vendedor de medos, de inquedenzas, angustias, estrés...Tiven que cambiar de dial, pois tiña a tensión moi alta, e fun para a Cadena Dial escoitar música, para relaxarme. E se quería información do tempo vía a Santiago Pemán, que me convencía de que os ciclóns eran simples borrascas. E se quería información nacional e internacional, escoitaba a Radio Nacional.
  Pero un día dixéronme que xa non estaba Xusto López Carril. Volvín á Galega. E así durante moitos anos. Pero un día, despois das eleccións que gañou Núñez Feijoo, escoitando Aberto por reformas, en vez de escoitar a Xurxo Souto, sinto a Xusto López Carril, presentando ese programa con cancións en Inglés. Aí empezou o trilingüismo de Núñez Feijoo. Decidín apagar a radio ás sete da tarde, xusto cando viña Xusto. E agora, que ten o programa ás doce, apágoa e que cousa máis doce non escoitalo. E así ata as dúas da tarde.
  Outra cousa que non me gusta da Galega é o modo de elixir a canción do verán en galego. É no programa Vas sacar nota. Penso que unha canción do verán tenche que saltar o corpo ó escoitala. E se ademais unha porcentaxe moi alta de votos en directo por teléfono son para esa canción, esa debe ser a canción do verán. Non digo que un xurado especializado elixa outra, pero o que non se debe ter en conta é a votación por internet, que é parcial. Mobilízanse nas redes sociais e nin sequera escoitan a canción e moito menos as outras que compiten.
  Para votar hai que escoitar o programa, escoitar todas as cancións e despois elixir. Para min o gañador é Joselito co seu Pulpo en salsa e para a gran maioría, que escoitamos todas as cancións, tamén. Gustaríame dicirlle a Joselito que a súa canción O reageton da Maruxa é a sintonía do meu móbil. Ah! Non son do Grove, son de Carballo.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.