Carballo Basket



  Este pasado sábado, 2 de outubro do 2010, o Carballo-Basket xogou contra o Chantada. Era o primeiro partido desta tempada. O Basket deste ano nada ten que ver co do ano pasado. O ano pasado tiña dous quintetos bastante bos, este ano só ten un. O resto do plantel son xuvenís, e rapaces con moi pouca experiencia. Así que escomenzou o partido xa nos decatamos de onde viña o aire. Os de Chantada bailaban a muiñeira, a de Chantada loxicamente, e menos mal que non trouxeron a Fran Vázquez. Conseguiron grandes diferencias. E a un certo punto do partido o noso adestrador case que tira a toalla.
  Chegou ó descanso con 16 puntos de desvantaxe para os de Carballo. Estiven a punto de marchar, pero estiven entretido a mirar aos rapaces como encanastraban e peloteaban no descanso, en especial para Alessandro con 16 anos; teñen un gran futuro.
  Pasaron os 10 minutos de descanso, pero o partido non daba escomenzado. "Que pasa?", preguntei, e alguén dixo que a un dos árbitros lle dera unha arritmia. En media hora que durou o descanso, os nosos descansaron, os de Chantada deberon merendar. Total que escomenzou a segunda parte cun árbitro só. Bruno, o de Berdillo (chámolle así porque é piñeiro coma os de Berdillo) fixo das súas, meter canastras inverosímiles, e o resto do equipo contaxiouse. O Chantada xa non bailaba a muiñeira de Chantada, máis ben bailaba El vals de las olas recien merendados e deulles un corte de dixestión. Total que o Chantada achantou e nós gañamos de 4 puntos.
  Eu pensei, aída que non llo dixen a ninguén, que o Carballo-Basket xoga mellor contra un árbitro que contra dous.


No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.