
Que causou a emigración en Galicia? Pois perder un grande capital humano, en moitas xeracións. Se non houbese emigración, seriamos preto de seis millóns de galegos. Seriamos despois de Andalucía a autonomía máis poboada de España. Teriamos moitos privilexios por ser tantos. Teriamos o PER. Xa teriamos o AVE. Xa teriamos un Celta ou un Dépor pelexando co Barcelona e co Madrid. E xa teriamos a olimpiada do 2016 para Santiago.
Podería haber moitos postos de traballo en Galicia se as grandes empresas se decatasen de que Galicia é un sitio privilexiado. Non hai temperaturas extremas, ou sexa, pódese traballar case que todo o ano. O galego non é conflictivo. O galego é moi traballador. O galego ten un dos soldos máis baixos de España. Cal é o problema? Que estamos no Fisterra? Quen o sabe? O que sei é que seguiremos a emigrar.
Emigrou Amancio Amaro Varela (póñolle os apelidos para que non pensen no Ortega) para Madrid. Emigrou Luis Suárez para Barcelona e logo para Milán. Emigrou Fenosa para Madrid, cando casou con Unión. Agora emigra para Barcelona, e menos mal que conserva o apelido. Emigrou Hierros Añón para o País Vasco.
E agora quere emigrar R para Londres. Perderemos unha peza fundamental na comunicación de Galicia. E se perdemos o R teremos que dicir "o calallo". Pero, por outra banda, seranos máis doado aprender un idioma con enorme proxección mundial: o chinés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario