O meu outro neno



Cando tiven que entrenar para o extranxeiro (digo entrenar porque fun en tren, se fose en barco diría embarcar), fun para Italia. Alí traballamos eu a mais a miña dona nunha casa privada de xente rica. Cando nos contrataron a señora dixo:"Fun catro veces a España" e eu díxenlle " Eu ainda nunca fun"( era a primeira vez que saía de España).
Repartíamosnos os traballos. Eramos alí traballando nos, a niñera, a porteira e unha chica a horas. Había dous nenos pequenos, Michele e Melania. Eu, cando os chamaba, gritaba"¡ Mikilania!"e viñan os dous.
Un día Michele, que tiña menos de dous anos, tiña febre e vómitos, e como vimos que estivera onde había deterxentes, levámolo ao hospital, por si tragara algo. Fixéronlle un lavado gástrico. Era unha falsa alarma. O xefe enfadouse moito:" Teño cinco persoas na casa e ¿non sodes capaces de controlar ós nenos?" Tiña razón así que dende esa eu levaba a Michele comigo para todas as partes. Un dos meus traballos era facer a limpeza, e Michele axudábame. Tívenlle que comprar unha vasoira, lubas, plumeiros...Eu a limpar e el a manchar. Pasábamolo moi ben.
Queríame mais a min que aos seus pais xuntos. ¿Por que o sei? Pura lóxica, por que cando eles marchaban, e quedaba comigo, non choraba. E cando marchaba eu, e quedaba cos pais, choraba. Un día o xefe díxome:"Menos mal que levas pouco tempo aquí, que senon ía pensar que eras o pai do meu fillo"
Outro dos meus traballos era secar as copas. Unhas copas de cristal de Murano, que de cando en vez rompían, pois eran moi delicadas. E a señora dicíame:" Non sei como te arranxas, que sempre che rompen a ti, a Mónica (a chica a horas) nunca lle rompen" " como lle van a romper, se nunca as seca" e a señora " pois ten coidado que costan 30.000 liras cada unha". Un día rompíulle unha copa a señora e díxenlle" ¡Señora! ¡costan 30.000 liras!" e ela " costaban, agora costan 35.000".
Outro dos meus traballos era servir comidas e ceas e sempre con Michele axudándome. Un día, nunha cea con invitados, estreei unha chaqueta cor prata e dixen:" ¡Señora! a un camareiro de ouro coma min ¿unha chaqueta de prata? e o xefe, despois de mirar para o seu fillo,abrazado a miña perna, dixo:" Silvia, chama a Cartier, que lle fagan unha chaqueta de ouro a José".
Estábamos moi contentos, os xefes eran moi simpáticos, tratábannos moi ben. Pero aparecíunos un traballo en Carballo e decidimos entrenar para España. Michele choraba, nós choramos e Michele dicíalle a nai chorando e gritando:"¡Quérome casar con José, quérome casar con José...!".Desto hai 23 anos e o outro día mirando en Facebook pareceme que atopei a Michele, mandeille unha mensaxe. Ainda non me contestou. Posiblemente non se lembre de min.Eu del tampouco me lembro, porque endexamais o esquecín.

3 comentarios:

Ricardo dijo...

Cantas faltas de ortografía, de cohesión, de léxico, estrutura, forma... Por non dicir a nivel gramatical pero supoño que está escrito por un neno ou unha nena de 8 anos; Senón, non é comprensible.
Unha falta de respecto ao idioma galego, un agravio.

Unknown dijo...

Coido que estas cousas fanse para que os demáis se entreteñan, non para que acaben filosofando. Non poñas tantos peros, e bota un sorriso, é mellor. Eu tamén teño faltas, pero as donas da miña idade tiñamos prohibido falar en gallego no Colexio das monxas de Carballa, e poñíanche unha multa, que iban sumando o recibo a final de mes. Xa ves, temos que ter faltas a forza.

Silvia Tasende dijo...

Que historia máis bonita e máis sentida, Canedo. Encantoume, mesmo o verbo que inventaches tamén, entrenar. Es un magnífico narrador e encántame o teu xeito tan sinxelo e auténtico de comunicarte. Todos temos faltas de ortografía, Canedo. E ti ves de explicar moi ben un motivo para telas. Lendo e escribindo seguiremos mellorando e abraiando ao mundo con historias. Non deixes de contalas porque alguén malintencionado decide facer o máis doado, botar barredura enriba. Nótase que non sabe o traballiño e o amor que conleva escribir. Cando alguén ten quere axudar, escribe polo privado. Persoalmente, como xornalista e profesora de Lengua e Literatura, creo que tes talento, inquedanzas, sensibilidade, afán por aprender e compartir, que o anterior comentario non nos prive dos teus escritos. Os erros de ortografía non son importantes, os erros de humanidade, si, carrexan terribles consecuencias.

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo