Utopía-Autopista




  Fai uns meses uns clientes meus, que son da Coruña e veñen  traballar a Carballo, dixéronme por que non escribía unha carta aos periódicos, reclamando un ida e volta, un abono semanal, un abono mensual na Autoestrada Carballo-Coruña (eles din A Coruña-Carballo). Eu díxenlle que se realmente sentise o problema, seguro que se me ocorrería algo. A desgracia quixo que miña sogra estivese ingresada nun hospital da Coruña tres meses e lembreime da suxerencia e aquí estou.
  Lémbrome cando nos regalaron a utovía, quero dicir autovía, e logo vendéronnos a autopista e pasamos da utopía a utopista (auténtica realidade). Aquel ano fun pola vía rápida do Salnés e pregunteime por que a nós non nos fixeron unha vía rápida. Decateime, ó acabar o percorrido, que era imposible, pois a nosa autopista o único que podía ser era unha vía lenta. Fixádevos que nin eses ciclóns subtropicais, non me lembro dos nomes, pois eran nomes ingleses (sempre dixen que o inglés tíñano que dar tamén en galego), foron capaces de pasar de 100 por hora.
  Había unha plataforma encabezada polo Bloque, Psoe e algún alcalde do PP da Costa da Morte, que defendían a gratuidade da mesma, pero agora os dous primeiros están na comedeira e o único que fixeron foi refrixerar (nin conxelar foron capaces) o tramo Arteixo-A Coruña, mentres que o de Carballo-Arteixo está a baño maría.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.