Solucións á crise

  Anos 80, unha crise de tantas, cerraron cantidade de talleres relacionados co automóbil, ese era o meu sector. Dixen: "O goberno ten que facer algo, por que non plantan fochancas nas estradas? Así daríanlle traballo ós labradores (que tamén daquela estaban en crise) e ós talleres relacionados co automóbil, pois os coches estragaríanse frecuentemente".
  Esquecín a idea, casei e tiven que entrenar para o estranxeiro (digo entrenar porque fun en tren, se fose en barco diría embarcar).
  Ano 2008, crise actual, fai dous meses atopeime na Avda. da Milagrosa de Carballo cunhas enormes máquinas; semellaban esas sementadoras que van ás  Castillas, lembreime da idea da miña novez e esbocei un sorriso. Pero eran unhas máquinas que pelan o asfalto, e despois rechean con asfalto novo e reparan as fochancas. Cal foi a miña sorpresa, fai 15 días, cando vin xermolar fochancas nese asfalto novo. Deberon ir ao faiado do meu cerebro e pilláronme a idea, e non só iso, tamén están a plantar pasos de peóns elevados (pero moi elevados, de 30 centímetros). Hai moi poucos coches que resistan o envite. Aumentou a venda de coches 16 (4 por 4). Unha boa solución á crise, promovendo o sector agrícola (plantando fochancas e pasos de peóns), o sector automobilístico (os talleres facturan máis) e o sector da construcción (están a facer naves, pois os talleres e concesionarios queren estar o máis preto das fochancas e dos pasos de peóns.)
  Toda semellanza coa realidade é pura verdade esaxerada, o das fochancas e dos pasos de peóns elevados é verdade (terán a súa lóxica) e o resto é froito do maxín deste escribidor de cartas. Non son Dante nin esta é a Divina Comedia, pero si son un COMEDIANTE. Grazas por lerme.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.