Sentidiño común

  Chámome Sabela, teño 14 anos e teño dous irmáns de 10 e 8 anos. Os tres temos asma aguda e crónica. Ata fai tres anos tiñamos moitos problemas cos catarros e coas alerxias e un médico aconsellounos aire do mar e moito sol. Pero a nosa familia é de terra adentro, digamos de Ardebuyo.

  Un día miña nai dixo: "Xa que agora os libros son gratis e voso pai e mais eu imos  deixar de fumar, cos cartos que aforramos alugaremos, no mes de agosto, un apartamento na praia". Que resultado! En tres anos apenas nos deu a lata a asma. Gañamos en calidade de vida, e eu coñecín un rapaz, Alberte, e gustámonos moito. Fai uns días díxonos mamá: "Non podemos ir este ano ó apartamento da praia, pois hai que pagar os libros e ademais este ano puxéronnos moitas multas, e hai que pagalas". Eu protestei: "Por que?" E miña nai contestou: "Porque somos ricos, gañamos 21.000 euros brutos ó ano, e non temos dereito á gratuidade dos libros e en canto ás multas, non fan máis que multarnos por ir a 50 e pico en sinais de 50".
Non é xusto, non estou de acordo coas leis, a familia dunha amiga miña ten un bar, no que traballan todos pero só declara 20.000 euros e teñen dereito aos libros, e ademais teñen cochazos e chalé na praia.
  Miña nai é comercial e depende do coche e ten que apurar moito os tempos para chegar ás citas e xa leva tres multas.
  Meu pai ten unha Berlingo, que non pasa de 80 Km/h, e xa leva 4 multas. Agora cando atopa un sinal de 50 frea en seco ata conseguir o que a lei quere (moitas veces os sinais están tapados coa matogueira). Xa lle deron dúas veces por atrás (ao coche) e pítanlle cantidade de veces, pois así que se pon a 50, aparece o sinal de 80, pisa a fondo pero o máis que consegue é  pórse a 60.
 Fixo un letreiro-pegatina con este escrito: "PERDOE AS MOLESTIAS, AGOTADO ORZAMENTO MULTAS".
  A meus pais gustáballes moito tomar unha cervexa ou un viño, despois dunha longa xornada de traballo. Agora non poden nin na casa (por si las mos...multas), pois existen moitas posibilidades de que eu ou meus irmáns teñamos unha crise de asma, e téñennos que levar ao centro de saúde. Menos mal que ven os Simpson con nós e así aínda se divirten un pouco.
  Alberte tampouco vai  ir á praia, pois os seus pais tiñan unha inmobilliaria e quedaron sen traballo. Non hai mal que por ben non veña, así podo ver a Alberte no mes de agosto, pois é dun concello do lado.
  Son unha futura votante e gustaríame que lles esixisen aos políticos un curso de ética e moral e ademais un curso de Sentidiño Común, que é o menos común dos sentidos.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.