Crise climática

  Endexamais choveu que non escampara, ata este ano! E pensar que o ano pasado por estas datas, os encoros estaban baleiros e dixen: "Como é posible que non chova, se eu canto mentres me ducho? Xa sei que canto poucas veces, pero pensei que debía abondar". Hai remedios que funcionan con retardo, que maneira de funcionar! Serán polo cambio climático estas estreitezas, ou serán pola crise? Como a crise é globlal, no ceo é cielal, creo que fixeron un E.R.E ( expediente regulación emprego), e quedaron sen traballo Lorenzo e Catalina. Agora traballan de cando en vez na economía submerxida, e teñen medo de que os collan, e traballan pouco. A ver se agora que vén o entroido e a Semana Santa, lles fan un contrato de longa duración, pois precisamos andar pola beira do río Anllóns para descolesteralizarnos dos poucos excesos, que cada vez son menos. E Deus queira que non cheguemos aos defectos! A primavera tamén está por chegar, xa sabemos que pode ser caprichosa, pero polo menos os días son máis longos e as noites máis pequenas. Ánimo, sairemos desta crise climática e máis da outra!
  Esta carta escribina o 6-2-2009 cando levaba todo o ano chovendo.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.