Hai vinte anos que teño trinta anos, pero é como se tivese cincuenta, estou preto do territorio cincuentil e vexo aló polo horizonte, cabalgar cara a min a andropenia. Que se medran os pelos do nariz, que se medran os pelos das cellas, que se medran os pelos das orellas, que se non medran os pelos da cabeza, que se non medra...!

Estou a preguntar como levan ou como levaron a estancia no territorio cincuentil e oio de todas as cores. Vaia, de cor rosa. Parece ser que ningún nota a andropenia. Un dime: "Teño cincuenta anos e esperto de noite como un burro", e eu pregúntolle: "Espertarás a muller!", e el contesta: "Toleaches!, ten que madrugar; se a esperto mátame". "Irás ao baño!" " Eu non fago desas cousas". "Fuches ao urólogo?" "Non, e logo?" "Dáme a impresión de que iso é da próstata". Virou de todas as cores e marchou coas orellas gachas.
De alí a 15 días ensinoume unha noticia dun xornal: "AS PARELLAS ESPAÑOLAS ADOITAN FACER O AMOR DÚAS VECES Á SEMANA", e díxome: "Se lle amoso isto á miña dona, chámame pervertido, saído, maníaco sexual... Levo seis meses sen facer o amor", e dígolle: "Daquela non me estraña que espertes daquela maneira, non vaias ao urólogo".
Outro dime: "Teño sesenta anos e fago o amor máis que nunca e cada día gústame máis". Pregúntolle: "Coa túa muller?" " Non, con outra". "Será cunha prostituta?" "Era, agora traballa de camareira nunha barra americana", etc....
Tampouco me vou preocupar moito, pois hai remedios como a viagra; recetarama o urólogo e, se hai exaculación precoz, tamén hai pastilla. Estou a facer xestións para que fagan un pack-aforro 2 en 1. E senón, tamén nos quedan os produtos naturais. A sandía parece ser que ten o principio activo da viagra. Intentei tomala, e iso que son un bocazas, pero non me entra na boca. Haberá que troceala? Tamén teñen o principio da viagra o vinagre, o viño, as vieiras, as vitaminas...
Entrementres sigo facendo enquisas e xa pedín vez para o urólogo. Teño para o 31 de decembro. Para o 31 de decembro do 2015.

No hay comentarios:
Publicar un comentario