Guerra entre Marcas e marcas brancas


  Parece ser que a Cadena de Supermercados Compramuller quere quitar Marcas dos seus andeis e vender só marcas brancas. Non queira Deus que todas as cadeas de alimentación fixesen o mesmo, porque se quixésemos unha cervexa Rubia da Coruña teriamos que ir á fábrica; se quixésemos salchichas Docampo frías, teriamos que ir á fábrica; se quixésemos unha cervexa Campo de nome Cruz, teriamos que ir á fábrica; se quixésemos atún Sinpelos, quero decir Sinperos, teriamos que ir á fábrica. Ou sexa que teriamos que andar de fábrica en fábrica. O mellor é que as fábricas veñan a nós. A ver se temos que comprar Marcas por internet!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.