Homenaxe a Tito


  Era unha gran persoa, era e é, porque aínda segue sendo e seguirá. É amigo de todos e todos son amigos del. É moi doado facer amizade con Tito. Non lle fai dano a ninguén, só os 28 de decembro e en antroido fai algunha falcatruada. Sempre contando contos, anécdotas e cousas da súa vida. É un libro aberto, sen maldade. Cando lle diagnosticaron aquel cancro de boca, que o levou, non perdeu o sorriso nin o ánimo. Veu onda min e díxome: "Xa non poderemos cantar máis xuntos". Eu escomecei a chorar e el coas súas mans consoloume, e deume ánimos coas súas caricias e díxome: "Non poderei cantar, pero poderei escoitar, ler, mirar, andar...
  A el gustáballe moito a música e a min tamén; iso uníanos moito. Eu sentía por el amor, el por min cariño. A súa muller sabía da nosa amizade, pero condescendía. Unha gran muller Charo.

  Xa dixen que tiña un gran sentido do humor. Cando o cirurxián lle dixo que tiña que facer unha operación de oito ou máis horas el díxolle: "Pero pararemos para comer o bocadillo". Tito seguro que tiña algún defecto, pero para min era PERFECTO.

  Espero ir pronto para onda el, pois estou desafinada, teño as cordas frouxas e estou descompasada. Son a súa guitarra. No ceo tamén hai crise, pois é global, por iso o chamaron, e  pronto estarei con el.  A ver se alegrando aos habitantes do ceo as cousas escomezan a ir mellor na terra!

  Nota: o nome de Tito é Perfecto.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.