A Don Emilio de Louro


  Ola habitantes e visitantes de Louro! Supoño que botaredes de menos a Emilio. Eu boteino de menos e de feito atopeime coa súa dona e díxenlle: "Non vexo a Emilio, non me diga o que non quero oír", e díxome: "Pois si, está descansando para sempre". "Que sorte teñen os ceanos - habitantes do ceo-, pois divertiranse moito con el.
  Quen é Emilio? Emilio andaba dende fai anos de 3 a 4 horas diarias pola praia de San Francisco de Louro. Andaba cunha perna e cun brazo tesos, pois déralle unha trombose ou algo así. Eu preguntáballe: "Que día vai facer hoxe?", e el respondíame: "Dígocho mañá". O outro día díxolle á súa dona: "Mari Carme, teño 80 anos xa son un velliño", e ela respondíalle: "Non, non es velliño, só tes 78 anos". O señor Emilio era un artista con moito maxín, pintaba cadros, tallaba en madeira e vía figuras curiosas nas nubes, nas rochas, nos anacos de madeira que a marea deixaba na praia, poñíalle unha peana e vernizaba e resultaba unha escultura. Un día atopouse comigo e díxome: "Fásteme unha cara coñecida". Eu díxenlle: "Eu a vostede coñézoo, pois véxoo todos os días andar pola praia de San Francisco, dende aquí, dende o Monte Louro". E díxome: "Xa sei, paréceste ao CABALEIRO DA TRISTE FIGURA", e marchou. Non sei quen é ese cabaleiro, pero sei que o señor Emilio e un CABALEIRO ANDANTE. Eu só son un penedo, que estou a mirar para a ría de Muros e Noia. Teño oído que algúns penedos temos formas curiosas. A ver se teño unha triste figura! Adeus, señor Emilio! Consólame pensar que está andando polas praias do ceo, xa que non terá problemas de adaptación, pois as praias do ceo son case tan boas como as de Galicia.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.