Sempre fun moi cumpridor coa lei, só a infrinxo cando vai en contra do sentido común: por exemplo, nun semáforo peonil vermello, se non hai un peón en 5 Km. á redonda, eu paso. E se me multan, quéixome ao defensor do sentido común: por exemplo se ás seis da mañá, sen néboa, sen choiva, teño que ir nun sinal de 30 a 50 vou, e se me multan quéixome ao defensor do sentido común.
Cando mercamos un ordenador para a nosa casa e puxemos a internet, o noso fillo quería baixar música, pero nós non lle deixabamos, pois o defensor do sentido común dicía que iso era roubar. Cando o goberno puxo, máis ben impuxo o canon para a SGAE, dixémoslle ó fillo que baixase a música que quixese. Sentiámonos lexitimados, e o defensor do sentido común tamén. Pero a SGAE segue esixindo cartos e multando. E aparéceche onde menos a esperes. Ou sexa que nos cobran por presuntos delincuentes e por delinquir.
Eu agora se merco un libro léoo eu só, e se alguén mo pide non llo deixo, pois teño medo de que veña o cocón, quero dicir a SGAE. Á miña dona e mais a min gústanos bailar na casa, e mercamos dous CD de música bailable, pasámolos aos MP3 e cada un escoita o seu CD con auriculares (miúdas pisadas, pois é moi difícil sincronizar os MP3) pois temos medo de que veña o cocón, quero dicir a SGAE. E cando vou no coche escoitando música, teño que ir coas ventás pechadas, pois poden oír os transeúntes, e teño medo de que veña o cocón, quero dicir a SGAE. Quero que haxa música xenérica como hai medicamentos!
E se me entero que a SGAE lle fai unha fotocopia a esta carta reclamareille dereitos de autor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario