Aiii ti,Haití!

  Aiii ti, Haiti!, que tes nove millóns de habitantes pobres. Aiii ti, Haití!, que tes máis catástrofes por metro redondo do Mondo. Aiii ti, Haití! Será pola túa pobre situación espiritual e concepción materialista da vida?
  Non creo, cos teus trescentos dólares per-cápita anuais pouco materialismo-consumismo podes ter.
  Podémoslle botar a culpa á natureza, que non é moi sabia que digamos. Se fose sabia descargaría a enerxía da terra en sitios despoboados. Tampouco é un castigo divino, pois penso que ti, Haití, es moi relixiosa, e a necesidade fai rezar.
  O que eu penso é que Deus é un ser intermitente. Hoxe existe, mañá non existe, pasado existe... e, por desgraza, as desgrazas pasan nos días NON. Aiii ti, Haití, conta coa miña solidariedade.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.