Gromos grises

  Escomenzo a ver os gromos que a ministra Salgado dixo que eran brotes verdes. Eu véxoos grises, gris perla, así como tirando a gris fume. O fume dos cigarros e dos tubos de escape dos coches. Esas eran as solucións? Sóbennos os impostos e xustifícanse dicindo que así andamos menos co coche, e que iso é bo para o medio natural. Queren que vaiamos andando ao traballo ou queren que merquemos unha vivenda preto do posto de traballo? Será ese o verdadeiro obxectivo? Claro, así relanzarían o ladrillo. A ver se non nos volve a caer nos fuciños! Así fumaremos menos, din. Non lles interesa, pois o fumador paga impostos dabondo para sufragar os costes médicos dunha posible enfermidade tabaqueira e morre dez ou doce anos antes que un non fumador. Cantas pensións se aforran neses anos! O que verdadeiramente lle preocupa ao goberno é non poderlles cobrar impostos aos fumadores pasivos. Un momento! Estou a ver agromar no horizonte uns gromos, tamén son grises, gris perla, gris fume, gris-negro... Serán impostos ao tabaco, aos combustibles e ao I.V.E. Serán para subirlle o soldo aos controladores aéreos? Están moi cabreados con Pepe Blanco (ministro de fomento) e van facer folga encuberta, folga de celo e folga de fame. Eu espero que os impostos sexan ao tabaco, pois son un ex-fumador e canto máis caro sexa o tabaco máis aforro.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.