Fai uns anos que imos pasar a fin de ano a unha casa de turismo rural en Verdes, no concello de Coristanco. E o día de ano novo soemos ir ata o refuxio. Este ano, co que leva chovido, moitos dos sendeiros que alí hai estaban inundados, había moita humidade e esvarábase con moita facilidade. A un certo punto dixo Canedo: "Chucho, controla a Lucas, pois pode caer no río". E Chucho dixo: "Lucas é grande e ben sabe o que fai".
Eu son Lucas e naquel mesmo intre esvarei e caín no río dende unha boa altura. Fun sorteando pedras e rochas e decateime de que non podía facer nada; a corrente levábame. Decidín agarrarme a unha pedra e esperar acontecementos. Vexo a Canedo que me dá ánimos e xiro a cabeza e vexo a Chucho da Jauvea espíndose para meterse na auga para rescatarme. Eu son o can de Chucho da Jauvea pero, se eu fose o can de Canedo, isto non me pasaba, pois levaríame coa correa, e incluso no brazo. Canedo é precavido, Chucho é arriscado. Todo acabou ben. Chucho da Jauvea rescatoume.
É boa verdade que o home é o mellor amigo do can, ou é do revés? O que si sei é que Chucho é o meu mellor amigo.
É boa verdade que o home é o mellor amigo do can, ou é do revés? O que si sei é que Chucho é o meu mellor amigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario