Forza Xiria



  Esta tempada o Xiria Basket escomenzou perdendo varios partidos. Fai uns venres fun para a cama e durmindo soñei que ía polo deserto e que atopei unha lámpada máxica, fregueina, e saíume o xenio. Díxome: "Pídeme tres desexos", e pedinlle "Que gañe o Xiria, que gañe o Xiria e que gañe o Xiria". Espertei, lin o xornal e vin que había posibilidades de que Bruno Piñeiro, que xa estivera con nós fai anos, debutase co Xiria Basket. E convencinme de que iamos gañar.
Gañamos, e aquela noite, durmindo, voltei a soñar. Soñei que estaba no deserto e atopei unha lámpada máxica, fregueina e saíume o xenio, saíume Bruno Piñeiro e díxome: "Pídeme tres desexos" e pedinlle "que o Xiria teña sponsor, que ti non marches do Xiria e que ti non teñas mal xenio". Temos esponsor (grazas Calvo), temos un bo plantel, temos un bo adestrador, temos ó revulsivo e temos unha boa afección. Estamos todos, Cambón e Añón tamén están. Eu véxoos, eu síntoos, eu escóitoos. No ceo debe haber unha boa cobertura. FORZA XIRIA!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.