Campións

  O baloncesto é un deporte espectacular, nada aburrido, moi completo… Que bonito é ver un triple! Que bonito é un mate! Que bonito é un gancho! Que bonito é un alley oop! Que bonito é un tapón! Somos poucos os seareiros do baloncesto. Hai máis noutros deportes, onde se ven un gol, dous goles, tres goles… e algunha que outra vez seis ou sete. Pero en baloncesto vense moitos goles nunha portería moi pequena. Incluso en baloncesto afeccionado vense marabillas .
  Son seareiro do Xiria Basquet de Carballo. Fai uns anos que vía moitos partidos de infantís, de xuvenís e de seniors. Que gusto daba verlle meter catro triples ao infantil Fran Cristóbal! Que gusto daba verlle meter dez triples ao xuvenil Manu Rey! Que gusto daba verlle meter un alley oop a Roy e a Taibo. Esta xogada cóntovola: Roy, fai uns anos, era base, 1.65. Taibo era escolta, 1.85. Roy marcoulle a xogada; neses intres, Taibo estaba mirando para o chan e ve o sinal de Roy. Roy lánzalle o balón cunha forza impresionante á esquina dereita, parte de abaixo do taboleiro, Taibo voa e no aire, colle o balón e tira ao taboleiro e... canastrón! Fixérono moitas veces. A Taibo chamámoslle NBA.
  Os seareiros somos campións de Europa, o baloncesto base é campión de Europa. Ah esquencíame! A selección española é campioa de Europa.
  Supoño que a clase política aplaudiría esta fazaña. Para aplaudir hai que xuntar a dereita e mais a esquerda. Para arranxar a crise, tamén conviña xuntar a dereita e mais a esquerda.
  Pactade políticos, facede un pacto de Estado, se non é na Moncloa que sexa na Zarzuela, e senón diante dunha zarzuela de peixe, e senón diante dunha parrillada de marisco galego.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.