Obama I O Sabio

  Sei onde está España, sei onde está Galicia, sei que España ten catro linguas oficiais. Sei que Alfonso X O Sabio escribía en galego. Chamaríanlle o Sabio por isto? El consideraba o galego moito máis culto có castelán. Sei que Federico Gª Lorca escribiu poemas en galego. E sei que eu quero ir coa miña muller a Galicia no noso 25 aniversario de voda.

  E quero ir á Coruña, non a La Coruña. E quero comer unha centola en Ortigueira e non "una centolla en Ortiguera". E quero comer ameixas en Vilagarcía de Arousa e non "almejas en Villagarcía de Arosa". E quero beber un albariño na Toxa e non "un albarito en La Toja". E quero beber un ribeiro en Leiro e non "un ribero en Lero". E quero comer polbo á feira no Carballiño e non "un pulpo a la feria en el Roblecito". E quero comer unhas navallas no Porto do Son e non "unas navajas en el Puerto del Sonido".

  Sr. Feijoo, se considera que o galego vos sobra, eu fágolle unha oferta, 1000 millóns de dólares por el. Son presidente dun gran país, se se lle pode chamar grande a un país, que non ten lingua propia, que ten unha lingua prestada. Coñécenme como o neto de Katherine Hepburn e de Spencer Tracy, será pola película "¿Adivina quién viene a cenar esta noche?" onde a parella de noivos eran unha branca e un de cor. Como meus pais?

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.