A princesa amarela


  •   Había unha vez un Conde Azul. Un Conde con dedicación exclusiva para dicir e inventar cousas. O Conde Azul sentía moita admiración por unha princesa, unha princesa que ben podía ser Rosa, pero era Amarela, pois facía rima co nome dela.
      O Conde tivera un tempo o número do móbil da Princesa Amarela, mandáballe mensaxes por Nadal, Aninovo, aniversario, onomástica... Pero un día dixo: Que estou a facer? Estou a pintar o indio! Ela ten un príncipe. E desfíxose do número do móbil. Tíñao anotado nunha hostia dos curas e comungou. Comungou sen confesar. Sen confesar a admiración que sentía pola princesa María Manuela, así se chamaba ela.
      Case que dende aquela estase a laiar e di: "Por que non podo mandarlle mensaxes?  Que ten de malo ser amigo dunha princesa?". E púxose a chamar a todos os números a partir do seis e sempre acha a mesma resposta: "Está vostede enganado".
      Pero xa dixen que o Conde Azul tamén inventaba cousas. E inventou un teléfono, que en vez de funcionar con números funciona con letras. Marcou PRINCESA AMARELA MARÍA MANUELA e mandoulle a seguinte mensaxe: "Dille ao príncipe que é o segundo home máis afortunado do mundo por terte e non se che ocorra dicirlle que eu son o home máis afortunado do mundo por coñecerte".
      Chegaríalle a mensaxe á Princesa Amarela? Funcionaría o invento do Conde Azul? Será o Conde un dos pais das redes sociais? Só o sabe ela, só o sabe María Manuela.


No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo