Canastra de Celestino

A algún esta historia soaralle, e a verdade é que é unha historia vella, pero adieina e cambieille o final. Perdoade a reiteración.

Teño corenta e doce anos e fai corenta que vin por primeira vez, en persoa, unha canastra de baloncesto, aínda que na televisión a vía no programa Cesta y Puntos de Daniel Vindel. Foi no instituto Alfredo Brañas, había tres pistas en liña: balonmán, baloncesto e voleibol. En todas xogabamos ao fútbol, os máis grandes xogaban na de balonmán, que xa tiña as porterías, os do medio xogaban na de baloncesto, púñanlle pedras para facer as porterías, e nós, os pequenos, na de voleibol, coa rede descolgada e tamén con pedras como porterías. As canastras e a rede eran testemuñas das evolucións futboleiras dos meus compañeiros, das miñas non pois era negado para o fútbol . Estaba para nacer a miña afección.
Un día, o balón da pista de balonmán chegou á pista de voleibol, colleuno Celestino Casais, que medía un metro e pico e tiña unhas zapatillas de andar por a casa, non de deporte, que tamén eran os zapatos para ir á escola (moitos adoitabamos ir así). Xa digo, colleu o balón coas mans e doulle un zapatillazo como se dun saque de portería fose. Aquel balón voou polo ceo da pista de baloncesto e entrou na canastra, sen tocar o aro. Pensei moitas veces se a canastra non se puxo na traxectoria do balón para que nos fixásemos nela. ¡Qué canastrón! Aplaudímolo e dende aquela varios empezamos a xogar ao baloncesto, ao ver que non era tan difícil meter unha canastra.



Comencei a ver partidos na televisión, a ver aqueles ídolos : Vicente Ramos, Carmelo Cabrera, Brabender, Luyck... España co tempo chegou a ser campioa do mundo cos Gasol, Rudy, Calderón... E agora está a vir Riky Rubio. A xogada de Celestino Casais, como non tiña móbil para grabala, grabeina na miña memoria e lembreime dela cando vin a Riky Rubio meter unha canastra estilo Casais, nunha propaganda de Macdonald´s. Non creo que Riky Rubio metese a canastra no primeiro intento nin no último tampouco. Penso que foi unha montaxe.
Agora sigo o Xiria Basket, que este ano está en 2ª División. Non está por deméritos, está porque non había cartos para xogar na Liga EBA, que era onde lle correspondía estar. Hoxe fun por primeira vez ao partido nesta tempada, e que queredes que vos diga? Pois que pode ser divertido, os xogadores son todos da comarca, que vimos medrar no baloncesto, o presidente é o mesmo (por certo tamén o vimos medrar, e moito!), os árbritos son os mesmos, os espectadores somos os mesmos, o fotógrafo... ise si que non é a mesma. Paciencia.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.