A alegría de Sísamo


Deus, vai uns anos, que a chamou, pero ela coa súa forza, coa súa forza de vontade, coas súas gañas de vivir, co seu sentido do humor... esquivouno, pero Deus gañoulle o pulso. A Deus faltáballe no ceo a Alegría de Sísamo.
Tiven a sorte de coincidir con ela neste último Entroido. Os Entroidos eran a súa paixón e os disfraces a súa especialidade.
Estou seguro que en algún momento dos seus últimos momentos, pensou ou dixo :"Este ano non hai Entroido" e seguro que esbozou un sorriso. Pois non, non hai Entroido por que xa o houbo. E os vindeiros Entroidos non serán o mesmo sen ela. E no ceo serán moito millores, se é que os hai, e se non os hai, seguro, que os inventa.
Cando a vin por última vez doume a impresión que ía vestida de galeguiña. Tiven unha certa envexa do seu traxe, pois quería vestila eu. Preguntarédesvos ¿Quen son? Son o seu último disfrace.


Vai a facer agora un ano do seu último entroido.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo