España existe




  Durante a batalla de Abisinia, na primeira guerra mundial, a Plana Mayor do exército italiano estaba preparando a estratexia que seguiría. E dixo o xeneral: "Se il nemico viene di quá, noi scappiamo dillá e se il nemico viene dillá, noi scappiamo di quá". E dixo un tenente: "E se il nemico non viene?", ao que contestou o xeneral: "Allora lottaremo fino a morire".

  Sempre me lembro deste conto, que alguén contaba na radio, para dicir que os italianos lle queren moito á vida, e que son un pouco covardes nas guerras. Pero cando os vexo xogar, loitan coma descosidos, senten a bandeira italiana, e os seareiros ondean a súa bandeira con enorme orgullo. A pesar de que é un país relativamente novo, séntense italianos.

  En cambio en España, que ten practicamente as mesmas fronteiras dende 1492, non sentimos a bandeira, avergoñámonos de ondeala, temos medo de que nos chamen franquistas.

  Hai moito nacionalismo nas periferias: por que? Polo centralismo, e polo ninguneo que os distintos gobernos das distintas etapas da historia de España tiveron coas culturas e coas diversas linguas.

  Eu penso que España é un conxunto de todas as rexións. Outra cousa sería se se chamase Castilla, se se chamase Madridia. E tamén penso que o problema de que as autonomías queren ser denominadas nacións, tería fácil solución se se reformase a Constitución. Que a Constitución diga: "España é unha rexión de nacións". Ou non? Despois as nacións quererían denominarse rexións?

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.