A forza da Sonia

Fai uns días, Senda Nova fixo unha ruta, chamada A forza do Chonia, no concello de Trazo, ao longo do río Chonia, afluente do Tambre. Parece ser que o concello de Trazo, non quixo cooperar con Senda Nova, e incluso, o concello aproveitouse do traxecto; das pontes, dos sendeiros, dos camiños... presentados pola asociación ao concello. Hai que ter cara!!
Gumersindo da Rachola non foi a esta ruta, pero oiu comentarios e viu fotos dela. Unha noite destas soñou coa ruta. De cando foron ao pazo de Vilacoba, de cando visitaron unha tumba do século XV, na igrexa de San Martiño de Monzo. A tumba ten un escudo de armas dos Bermúdez de Castro. Viron o estilo de horreos da zona. Comeron na carballeira da capela do Carme da Hermida.
Os tramos da ruta mais difíciles foron os que transcorren pola beira do Chonia, con moitos rápidos, de feito é moi rápido!  Río de moitos muiños, río de moitos remuiños, en definitiva, río de moita forza: A forza do Chonia!!
Mentras durou o soño, houbo unha espertada. Ás catro da mañán, o camión da recollida do lixo, púxose a valeirar os contedores, que están ao carón da casa de Gumersindo. Eche unha das ventaxas que ten o ter os contedores preto, pois así dormes dúas veces, outra das ventaxas, é o especial aroma veraniego, ainda que estes días de invernía, pois estamos no inverno de San Martíño en pleno mes de Maio, non ó temos.
Voltou a dormir... seguiu a soñar. Tiña que cruzar o río. Había que pegar un gran chimpo e esvarou...Entrementras, na realidade, Gumer sentíu o espertador, levantouse de repente e doulle unha lipotimia. Cando espertou, estaba tirado no chan, abríu os ollos : e a súa Sonia estaba alí, ¡A súa Sonia sempre está alí! Sonia estábao  reanimando, puxéralle as pernas enriba dunha banqueta e estáballe a soprar na faciana. A súa Sonia, coa súa entereza, sangue frío, coa súa forza! Decatádesvos do título desta historia? A forza da Sonia!

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo