Sr. Durao Barrroso: son unha traballadora dunha fábrica de conservas de Ardebullo. Sentín que se van perder moitos postos de traballo no sector conserveiro pola deslocalización, debida á baixada de aranceis a moitos países do sureste asiático. Que gaña Europa con estas medidas? Vai vender máis coches, máis neveiras, máis ordenadores, etc. neses países? A quen? Á xente que gaña 200 euros ó mes? Ou calculastes que o 10% da superpoboación deses países é superrica? Claro, son moitos ricos. Vós o que queredes é eliminar a clase media. Que sexamos o 90% de pobres. Para facer de nós o que queirades.
Quedarei sen traballo, pero teño leiras. Quedarei sen coche, pero teño cinco bicicletas. Quedarei sen leite de marca, pero terei leite directamente da vaca á metade de prezo e aínda así o gandeiro gañaría o dobre. Teño roupa no faiado para moitos anos, e así que a acabe métolle remendos. Non pagarei a hipoteca, pois como di o noso presidente "NON TEMOS CARTOS". Deixarei de pagar impostos e vostede quedará sen traballo, e se non ten leiras, veña a Ardebullo e pregunte pola casa da Conexa, e aquí sempre terá unha cunca de caldo e un anaco de boroa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario