Homenaxes

Todos nós temos usado esta frase "Era unha gran persoa", cando falece algún coñecido. Lémbrome unha vez que o dixen e alguén me rebateu "E logoao eu non o son?". Contesteille "Cando morras tamén ó serás, pero el xa o era".

O outro día un amigo meu, José Manuel Barca Becerra díxome "A ver cando me fas unha carta homenaxe" contesteille: "Cando morras", pero el replicou: "Non, eu quero lela". "A ver o que podo facer coas 25 letras do alfabeto galego". A verdade é que é mellor que o homenaxeado estea vivo. José Manuel Barca Becerra é unha gran persoa ao ancho, ao alto non tanto. É un gran contador de contos, historias, anécdotas... Hai que velo, miralo, oílo, escoitalo, sentilo, rilo e por suposto choralo (coa risa).

A súa dona non pensa igual ca min, pensa que é un desastre, que non val para nada, pero ela quéreo no fondo, no fondo, no fondo do mar (é unha broma, el a min tamén ma faría). Quen tamén merece unha homenaxe é Paco Lodeiro, cantante, presentador, humorista, imitador, letrista... en definitiva, un artista. Propóñoo como candidato para o vindeiro día das Cifras e Letras Galegas. E proporía como candidato ó día do Acento Galego a Paco Vázquez.

No hay comentarios:

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo