Dous curmáns 52 aniversario



Había unha vez dous curmáns, un Xosé o outro Xoán. Naceron na mesma casa, a tres metros de distancia e a sete meses , tamén de distancia. Foron xuntos a escola, xogaban xuntos, rifaban xuntos, ían xuntos a praia de Razo. ían xuntos co ramo o Domingo de Ramos e fixeron a primeira comunión....... no mesmo traxe.
Na adolescencia, ían xuntos a praia de Razo e alí xogaban coas ondas, coa area e escoitaban o silencio do mar. Aos dous gustáballe ler e escribir. Facían algunha que outra poesía, historias curtas, contos...

Na xuventude tamén ían xuntos a praia de Razo e alí seguían a escribir e a falar dos seus amores (cada un do seu). Casaron, tiveron fillos e a vida separounos un pouco, un pouco moito.

Un foi para Montemaior e o outro para Montecalvelo. Agora que os fillos xa son grandes teñen mais tempo para ir a Razo, para ler, para escribir... De feito os dous escriben historias e algunhas publícanllas nos xornais. Unhas son malas e outras son peores, pero están moi orgullosos.

O outro día, que facía 36 graos de calor, alí en Montemaior e en Montecalvelo, miraron para Monteneme e viron na falda de Monteneme unha fumareda, non era un incendio, era neboa, era borraxeira, era bretema. E telepaticamente e telefonicamente, puxéronse de acordo para ir ao fresco da praia de Razo. Alí, a 16 graos, atopáronse nó Cordobés. Alí, a carón da lareira, sentáronse con duas. Con duas rubias. Con duas rubias da Coruña...do tempo naturalmente.


Esta foto quiteina dende o trípode composto polos tres montes, Monte Calvelo, Monte Maior e Monteneme. E foi para felicitar ao meu curmán Xoán polo seu 50 aniversario. Hoxe volta a estar de aniversario e non se me ocorre nada, así que vou a facer coma o meu amigo Raúl, que comproulle unha ducia de rosas de plástico a súa dona e regálallas todos os anos. Parabéns curmán polo teu 52 aniversario.!

3 comentarios:

Jujobaca dijo...

Este ano con cervexa 0,0, que coa viagra non debo tomar alcol!

José Manuel Canedo Aguiar dijo...

Ainda na ficción temos que beber cervexa 0,0? Apaga e vamonos.

Jujobaca dijo...

...na ficción é onde é máis doado vencer a afición as de chumbo.
Esta ronda pagoa eu

Datos personais

Mi foto
A Casilla,Carballo, GALICIA, Spain
A foto do meu perfil é un capricho da natureza, a mín paréceme a cara de Benito Pérez Galdós nos billetes de 1000 ptas. Dame pena que ninguén saiba de esta curiosidade. Está o carón da antiga sala de festas a Revolta en Carballo. Gústame escribir, intento facer rir, meténdome cos políticos, ca vida misma e comigo mismo. Gústame ensalzar a xente anónima, gústame facerlle homenaxes a xente que o merece. Fago relatos por encargo e intento que mos publiquen nos xornais.

Blogues nos que participo